CITIC
charla Helen Crompton_web

O CITIC acollerá a conferencia “Artificial Intelligence in Education”, impartida pola profesora da Old Dominion University Helen Crompton

07/02/2023 – CITIC

O próximo 22 de febreiro ás 17:00 horas a sala Cloud do CITIC acollerá a conferencia “Artificial Intelligence in Education” que estará impartida pola profesora da Old Dominion University Helen Crompton.

A conferencia abordará as consideracións sobre o uso da IA na educación (AIEd), como que pode achegar ou os desafíos éticos que expón. Presentaranse os resultados de dúas revisións sistemáticas sobre a IA no ensino primario e secundario, e a IA no ensino superior. Tamén se ofrecerá información contextual, como o interese xeográfico pola AIEd, os niveis académicos e as disciplinas, a quen vai dirixida a IA e, o que é máis importante, as tendencias no uso da IA de fronte ao futuro e as súas implicacións éticas.

Helen Crompton é profesora asociada de tecnoloxía educativa e doutora en educación matemática e tecnoloxía na educación da Old Dominion University de Norfolk, Virginia. Centra a súa investigación na aprendizaxe con tecnoloxías como os dispositivos móbiles, a intelixencia artificial e a realidade virtual. É directora do Technology Enhanced Learning Lab (TELL) e do Virtual Reality Lab.

A entrada é libre ata completar aforo.