CITIC
INSPIRASTEAM

O CITIC acollerá a xornada formativa de mentoras e mentores do programa Inspira STEAM A Coruña

17/01/2022 – CITIC

O próximo 2 de febreiro terá lugar na sala Cloud do CITIC a xornada formativa destinada a mentoras e mentores do ámbito académico, empresarial e da investigación que participarán no programa Inspira STEAM A Coruña 2021/2022, coordinado pola investigadora do centro Verónica Bolón.

A formación será impartida por Ander Mimenza Aurrecoechea, coach, formador e consultor especializado en desenvolvemento organizacional e de persoas.

Unha vez realizada a xornada formativa, desenvolveranse 6 sesións de traballo en centros educativos de educación primaria da provincia da Coruña cos obxectivos de facilitar ao alumnado novos referentes de mulleres científicas e tecnólogas, dar a coñecer as profesións STEAM, sensibilizar e orientar sobre os estudos en ciencia e tecnoloxía, visibilizar e poñer en valor ás mulleres STEAM da historia, así como dar a coñecer os estereotipos existentes nestas áreas para que non condicionen as decisións de nenas e nenos.

O nodo Inspira STEAM A Coruña conta tamén co apoio do Campus Innova da UDC, dirixido pola investigadora Susana Ladra.