CITIC
study_week

O CITIC acollerá do 19 ao 22 de abril a Study Week with Financial Industry

11/04/2022 – CITIC

O CITIC acollerá do 19 ao 22 de abril de 2022 a “Study Week with Financial Industry”, acción organizada no marco do Doutoramento Industrial Europeo ABC-EU-XVA da convocatoria MSCA do Programa Marco H2020.

Ao redor de trinta investigadores internacionais, organizados en equipos, traballarán durante a celebración das xornadas na resolución de tres problemas expostos por empresas do sector financeiro involucradas no proxecto, entre as que se atopan Abanca e Rabobank. Ademais, terán lugar as presentacións dos doutorandos financiados con cargo ao proxecto sobre o avance nos seus traballos de teses.

O Doutoramento Industrial Europeo ABC-EU-XVA en finanzas cuantitativas comezou a súa andaina en 2018 e conta coa participación da Universidade da Coruña e as universidades de Bolonia, Delft e Libre de Bruselas, xunto co CWI de Amsterdam. Tamén interveñen no proxecto institucións financeiras como Banco Santander, Abanca, Belfius Bank, Rabobank e UnipolSai.

Os membros da UDC e investigadores do CITIC involucrados en ABC-EU-XVA desenvolveron previamente, entre 2014 e 2018, o doutoramento europeo WAKEUPCALL, tamén enmarcado no ámbito das finanzas. Ambos os doutoramentos industriais supuxeron unha captación de fondos para a UDC dun millón de euros.

Descargar programa

Máis información: https://www.xvastudyweek.eu/