O CITIC acollerá o encontro investigador Elas no prelo II. Mulleres no mundo da edición na Galiza
O CITIC acollerá o próximo 22 de setembro ás 10h o encontro investigador Elas no prelo II. Mulleres no mundo da edición na Galiza onde, continuando coa liña de investigación iniciada en 2021, se fará unha achega á análise da participación das mulleres no mundo editorial galego. Este encontro enmárcase nos traballos ligados a un proxecto máis amplo titulado “A edición literaria na Galiza, 1975-2000” (PID2020-119605RB-I00), coordinado por Carme Fernández Pérez-Sanjulián.
O estudo do papel das mulleres nos proxectos editoriais desa etapa é un campo pouco explorado, dadas as características da industria editorial, aínda que o seu traballo tivo unha grande relevancia e impacto. Por isto, tendo en mente a elaboración dun primeiro catálogo de mulleres con actividade no sector, con este encontro búscase proxectar ao público este labor de visibilización do traballo das mulleres editoras e o seu papel no marco do espazo da industria cultural e do mundo editorial galego.
PROGRAMA
10:15-11:15 h. Presentación do proxecto “A edición literaria na Galiza (1975-2000)”: avances e primeiros resultados con Carme Fernández P-Sanjulián (UDC) e Ánxela Lema (UDC/Universitat de Barcelona).
11:30- 13:30 h. Editar libros: tres experiencias en primeira persoa, moderado por: Iria Sobrino Freire (UDC)
- Helena Pérez – Edicións Xerais
- Ana Guerra – Editorial Obradoiro
- Mª Xesús Gómez – Editorial Rodeira
13:30-15:00 h. Xantar
15:00-17:00 h. Sesión de traballo co equipo de investigación
O equipo do proxecto “A edición literaria na Galiza, 1975-2000” está formado por un grupo multidisciplinar de investigadoras/es da UDC: Iria Sobrino, Xosé Ramón Freixeiro, Ánxela Lema, Mª Obdulia Luis, Xoán L. Viñas, Inma Doval, Uxío-Breogán Diéguez e José Antonio Seijas, coordenados pola profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián (ILLA-UDC).