CITIC

O CITIC ampliará as súas instalacións para albergar dous novos laboratorios de investigación en Intelixencia Artificial e Big Data

15/02/2021 – CITIC

O edificio do CITIC será ampliado co obxectivo de fortalecer a estratexia de posicionamento da UDC a nivel nacional e internacional no terreo da Intelixencia Artificial e reforzar as edificacións sostibles. Con esta reforma, o CITIC será dotado con dous novos laboratorios de investigación nas áreas de Intelixencia Artificial e Big Data. Ademais, tamén se optimizarán e acondicionarán interiormente espazos comúns.

A obra consiste na habilitación dunha nova superficie nun á do edificio CITIC I. O novo edificio terá unha superficie en planta de 227,29 metros cadrados e supón un incremento do volume de 428,52 metros cadrados.

Esta ampliación permitirá ao CITIC continuar situándose nos campos da Intelixencia Artificial a e a dixitalización, abrindo oportunidades como os sistemas de monitorización no ámbito da saúde para abordar situacións de envellecemento ou de persoas dependentes. Desta forma, o centro atraerá a maior número de investigadores en Intelixencia Artificial. Os novos laboratorios acollerán a ao redor dunha vintena de investigadores e investigadoras.

A remodelación será financiada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e está previsto que as obras finalicen despois do verán.