CITIC
Maker Faire Galicia web

O CITIC colabora coa Maker Faire Galicia 2022

17/02/2022 – CITIC

O CITIC volverá ser colaborador da Maker Faire Galicia que celebrará a súa oitava edición do 1 ao 5 de xuño de 2022 en formato híbrido.

Os días 1 e 2 de xuño celebraranse as xornadas profesionais, nas que haberá charlas de profesionais de referencia, así como talleres e exposicións de proxectos.

O día 3 de xuño terá lugar a xornada educativa con relatoras de referencia internacional e unha selección dos proxectos máis innovadores de diferentes centros educativos de España e Portugal. Os días 4 e 5 de xuño celebraranse as xornadas abertas, dirixidas a todos os públicos. Mostraranse os mellores proxectos do ecosistema maker internacional e celebraranse numerosas charlas e talleres. Nestas xornadas o público elixirá os proxectos máis innovadores, os cales estarán divididos en tres categorías: Minimakers, Makers e Divulgación.

Todos os interesados en participar deben cubrir este formulario antes do 31 de marzo de 2022. Na edición anterior, catro proxectos do CITIC foron seleccionados entre os 10 mellores. Así mesmo, impartíronse talleres e charlas por parte de persoal investigador do centro. Esperamos contar coa vosa participación nesta nova edición.