CITIC

O CITIC colabora coas VIII Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade que se celebrarán en Vigo en xuño

18/05/2023 - CITIC

O CITIC colabora coas VIII Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade (JNIC) que se celebrarán na Sede de Afundación de Vigo entre os días 21 e 23 de xuño de 2023. As Xornadas está organizadas polo Instituto Nacional de Ciberseguridade  (INCIBE), atlanTTic da Universidade de Vigo e Gradiant. Contan co apoio do CITIC, Amtega, ciber.gal, Seresco, Plexus, Cátedra R en Ciberseguridad, RENIC, optare solutions e Viewnext.

Nas xornadas mostraranse os últimos avances científicos en ciberseguridade e servirán de foro de debate no que presentarán perspectivas e enfoques innovadores na materia. A finalidade é promover o contacto e intercambio de ideas entre a rede académica e de investigación, por unha banda, e profesionais e empresas, por outra.

As Xornadas organizaranse en tres eixos: Investigación, Transferencia e Formación en Ciberseguridade. Nesta edición os artigos científicos orixinais enviaranse a publicación en IEEEXplore e as versións estendidas dos artigos de máis calidade enviaranse a un número especial da revista Wireless Networks (WINET) (Q2).

O prazo de inscrición xa está aberto e os/as interesados/as en asistir poden realizar a súa inscrición nesta ligazón.