CITIC
Talentos Inclusivos web

O CITIC e o Concello da Coruña asinan un convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto Talentos Inclusivos

03/01/2022 – CITIC

O pasado mes de novembro a alcaldesa da Coruña, Inés Rey García, e o director do CITIC, Manuel F. González Penedo, asinaron un convenio coa finalidade de establecer un marco de colaboración para promocionar as accións do proxecto Talentos Inclusivos. O acordo permitirá establecer unha canle bidireccional de comunicación no CITIC e o Concello da Coruña e establecer pautas para potenciar e mellorar as actividades de colaboración no desenvolvemento do proxecto Talentos Inclusivos, promocionando a participación dos centros educativos do Concello e colaborar na organización das diferentes actividades.

Por último, o Concello da Coruña e o CITIC comprométense a fomentar o intercambio de experiencias e persoal nos ámbitos da docencia, a investigación e a cultura en xeral, dentro daquelas áreas nas que ambas entidades teñan interese e, en concreto, no desenvolvemento das TIC no ámbito da diversidade funcional, a promoción do deseño universal e o fomento da vida autónoma da cidadanía.