CITIC

O CITIC e o grupo Joan Monnet de Competencia e Desenvolvemento (GCD) organizan o seminario "Cualificacións e Habilidades na IA e a Dixitalización Avanzada"

02/10/2023 - CITIC

O vindeiro martes 10 de outubro ás 11:30 o CITIC acollerá a xornada “Cualificacións e Habilidades na IA e a Dixitalización Avanzada”, un foro debate exposto co obxectivo de abordar como o Big Data e a Intelixencia Artificial poden optimizar o mercado laboral. A través destas ferramentas pódense anticipar novas tendencias, paliando posibles desaxustes e facilitando o emparellamento entre demanda e oferta nos mercados laborais.

Fabio Manca, Coordinador Big Data, Dirección de Emprego e Asuntos Sociais da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) impartirá a conferencia “The demand for Skills in online labor markets: Towards a Big Data approach and new tools for detecting skills shortages and improving matching”. O Big Data pode aproveitar a información que ofrecen as ofertas de traballo en liña, utilizando as propias palabras chave das habilidades requiridas para o posto concreto, así como a información escrita sobre o mesmo. Estes datos poden utilizarse para realizar estatísticas que axuden a detectar e analizar os cambios de habilidades e cualificacións solicitados no mercado laboral.

Zeltia Lado Lago, Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación da Xunta de Galicia presentará o proxecto “A iniciativa de Emprego Intelixente (EMI)”. Esta ferramenta baseada en Intelixencia Artificial é capaz de sincronizar oferta e demanda en tempo real. Permitirá ás empresas publicar as súas vacantes de forma simultánea no Servizo de Emprego e noutros portais de traballo, de forma totalmente gratuíta, para chegar ao maior número de candidatos.

Tras as conferencias convidadas comezará o foro de debate. Nel participarán Fabio Manca, Zeltia Lado, Antonio R. do Corral, presidente do Agrupación industrial TIC de Galicia, Fernando Vázquez, CEO de IMATIA e un membro do departamento de Xestión de Talento do Instituto Tecnolóxico de Galicia.

Para asistir ao foro debate é obrigatorio inscribirse antes do luns 9 de outubro ás 14:00 a través do seguinte link.

PROGRAMA

11:30 Recepción e café

11:45 Apertura e presentación: Representación Institucional da UDC, D. Manuel G. Penedo (Director do CITIC) e D. J. Andrés Faíña (Grupo GCD).

12:00 Conferencia Convidada: “The demand for Skills in online labor markets: Towards a Big Data approach and new tools for detecting skills shortages and improving matching”. Prof. Fabio Manca, Coordinador Big Data, Dirección de Emprego e Asuntos Sociais, OCDE.

12:25 Proxecto Invitado: “A iniciativa de Emprego Intelixente (Emi)” Dna. Zeltia Lado, Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Xunta de Galicia

12:45 Foro de debate: moderado por Andrés Faíña (Grupo GCD-UDC) e Guillermo López Taboada (Catedrático da UDC e investigador do CITIC).

  • Mesa de oradores e expertos invitados: Fabio Manca, Zeltia Lado, Antonio R. do Corral (Clúster TIC), Fernando Vázquez (Imatia) e Boris Mosquera e Yaiza López (Xestión de Talento do Instituto Tecnolóxico Galicia).
  • Intervencións por parte de grupos de investigación do CITIC e outros axentes relevantes do ecosistema galego.
  • Preguntas e respostas

14:00 Fin e peche do evento