CITIC
C3TF_web

O CITIC organiza a CITIC Cyber Competition

21/01/2022 – CITIC

O CITIC organiza, coa colaboración de atlanTTic, a Cátedra R en Ciberseguridade e o MUNICS, o evento C3TF – CITIC Cyber Competition, unha competición de ciberseguridade destinada a estudantes co fin de practicar e desenvolver as súas habilidades neste ámbito. O evento celebrarase o 23 de febreiro de 15:30 a 20:30 h e a inscrición está aberta ata o 15 de febreiro.

As persoas interesadas en participar poden apuntarse en equipos de máximo 5 persoas e enfrontaranse a diferentes retos nas categorías de esteganografía, forense, pentesting, entre outras. Poden elixir entre tres modalidades de participación: presencial no CITIC, presencial en atlanTTic e online. Ademais, haberá premios para os tres equipos gañadores, por valor de 1000 €, 700 € e 300 €, e agasallos para todas as persoas participantes en modalidade presencial.

Máis información e inscrición