CITIC

O CITIC organiza, xunto coa FIC, o IV Machine Learning Workshop Galicia

02/08/2019

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e a Facultade de Informática de A Coruña (FIC) asumen a organización da IV Edición do Machine Learning Workshop Galicia, que terá lugar o vindeiro 17 de outubro de 2019 na Facultade de Informática da UDC, en A Coruña.

Este evento servirá de punto de encontro para a industria e a comunidade investigadora con interese nas tecnoloxías asociadas ao Aprendizaxe Máquina ou Machine Learning. E é que, esta rama da Intelixencia Artificial converteuse nun referente en case calquera campo de coñecemento, debido á irrupción das tecnoloxías Big Data, a mellora nos algoritmos de aprendizaxe e a aparición do Deep Learning.

O prazo para a recepción de traballos xa está aberto dende o 29 de xullo, e rematará o 20 de setembro. Ademais, o 2 de setembro abrirase o rexistro de asistencia, que pechará o 12 de outubro.

Máis información