CITIC
ERC1

O CITIC organiza xunto con FEUGA unha serie de workshops para a preparación de candidaturas para ERC

13/10/2021 – CITIC

O CITIC organiza xunto con FEUGA o programa “Prepara a túa candidatura para ERC”, co obxectivo de asesorar ao persoal investigador na presentación ás convocatorias do European Research Council (ERC). O pasado mércores 6 de outubro deu comezo a serie de workshops “Casos de éxito e experiencias de beneficiarios de ERC”.

Nesta primeira sesión, o programa contou co relatorio do investigador do Laboratorio de Procesado de Imaxes da Universidade de Valencia, Gustau Camps-Valls, que presentou USMILE – Understanding and Modelling the Earth System with Machine Learning, proxecto Synergy Grant que iniciou o ano pasado. O investigador presentou o seu proxecto e explicou a súa experiencia persoal canto á participación en proxectos ERC, xa que recibiu unha Consolidator Grant.

Durante as próximas semanas, desenvolverase un novo workshop e unha mesa redonda coa participación de investigadores e investigadoras que foron beneficiarios da ERC, para continuar proporcionando apoio e asesoramento ao persoal investigador interesado.

ERC programa