CITIC
Taller robótica CHUS_foto

O CITIC participa nunha acción educativa no Día do Neno Hospitalizado

18/05/2022 – CITIC

Con motivo do Día do Neno Hospitalizado, o CITIC participou nun taller lúdico-pedagóxico de robótica dirixido a nenos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). A actividade tivo lugar o venres 13 de maio, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

O subdirector do CITIC, Javier Pereira, dirixiu o taller coa axuda dos investigadores Manuel Lagos e Patricia Concheiro, na que os nenos e nenas participantes crearon un mando con caixas de cartón co que podían controlar desde un coche teledirixido ata un vehículo aéreo non tripulado, e programaron o voo dun dron e un chip para controlar un videoxogo cos pés.