O CITIC patrocina as II Xornadas Intelixencia Artficial. “Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade” que se celebrarán na Facultade de Dereito da UDC
Os próximos días 4 e 5 de outubro a Facultade de Dereito acollerá as II xornadas “Intelixencia Artificial. Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade”. Esta actividade enmárcase no proxecto “Dereito de Marcas e Intelixencia Artificial (MARIA) Ref PID2020-115646RB-I00″, financiado pola Axencia Estatal de Investigación e están coorganizadas polo Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) da Universidade da Coruña, cofinanciadas polo Concello da Coruña, o CITIC, a cátedra NTTData e o Campus Innova.
O obxectivo do encontro é fomentar a reflexión crítica respecto a a IA, os rumbos que atravesan aos algoritmos e o seu potencial transformador. O programa da xornada conta con expertas na materia, que debaterán as perspectivas da Intelixencia Artificial no ámbito académico e profesional.
PROGRAMA
4 outubro (mércores)
- 09:30h. Inauguración oficial das xornadas.
- 10:00h. Hackeando estereotipos dende a lingüística computacional. Cristina Aranda (Big Onion e Mujeres Tech).
- 11:00h. Explorando a ética nos algoritmos de recomendación dos xigantes dixitais. Sabela Fernández Villar (NTT Data).
- 12:00h. Café ético.
- 12:30h. Xerandoun mundo imperfecto. José Baldomir (Nasas. Axencia creativa dixital).
- 13:30h. Perspectivas diversas para a investigación con IA dende a UDC.
- Dereitode marcas e Intelixencia Artificial – MARIA
- Asimetrías de xénerona comunicación política dixital – AGITATE
- Evaluación do risco asociado áexposición a nanomateriais – NanoAssess
- 16:00-17.30h. Introdución á visión artificial. Lucía Ramos (UDC).
5 outubro (xoves)
- 10:00h. Claves para unha IA ética e responsable: o reto da regulación en IA. Idoia Salazar (Observatorio del Impacto Ético y Social de la IA – OdiseIA).
- 11:00h. Na procura dunha IA ética e inclusiva. Sara San Luís e Christian Carballo (Plain Concepts).
- 12:00h. Café ético.
- 12:30h. Legal by design. Por que os aspectos legais son clave no deseño e desenvolvemento da IA. Vanesa Alarcón (Ecija Abogados).
- 13:30h. Discriminación algorítmica: nesgos i erros. Ana Aba Catoria (UDC).
- 16:00-17:30h. Que traballen as máquinas! Iniciación ás ferramentas de IA xerativa. Xabier Martínez-Rolán (UVigo).
A inscrición ós obradoiros é gratuíta ata completar aforo e realízase a través do correo electrónico cexef@udc.es