CITIC
Grupo

O CITIC recibe a visita de alumnado do Centro Integrado de Formación Profesional de Ferrol

03/04/2023 – CITIC

Esta mañá o CITIC recibiu a visita dun grupo de 8 estudantes do curso de Administración e Deseño de Redes Departamentais do Centro Integrado de Formación Profesional de Ferrol.

A visita comezou no Demostrador Tecnolóxico onde o responsable de Sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro, mostroulles os diferentes ámbitos de aplicación das investigacións realizadas no centro. Tamén se mostraron algúns proxectos no ámbito da robótica, como o Robobo, deseñado integramente por persoal investigador do CITIC, e os robots NAO e TIAGO, robots comerciais que contan con diversos mecanismos e sensores para realizar todo tipo de movementos e tarefas.

Posteriormente, o grupo puido coñecer o laboratorio de Realidade Virtual e Localización, no que se mostrou o funcionamento do OptiTrack, sistema de captura de movementos baseado en cámaras, e un guindastre de pórtico que calcula o posicionamento exacto de obxectos en interiores.

A visita finalizou no CPD (Centro de Proceso de Datos) do CITIC, onde os e as visitantes puideron coñecer as principais características de computación, refrixeración, consumo enerxético e seguridade desta instalación chave do centro.