CITIC
20221018_183340

O CITIC recibe a visita de alumnado do Colexio Plurilingüe Compañía de María

20/10/2022 – CITIC

Este martes 18 de outubro o CITIC recibiu a visita de 18 estudantes de bacharelato do Colexio Plurilingüe Compañía de María, algunhas/os das/os cales participan en proxectos do programa STEMbach baixo a titoría de Carlos Dafonte e Minia Manteiga.

A visita comezou cunha presentación do CITIC, por parte de Carlos Dafonte e Minia Manteiga, na que detallaron diferentes ámbitos de aplicación das investigacións realizadas no centro.

Posteriormente, o responsable da unidade de Sistemas, Alejandro Mosteiro, mostrou algúns dos proxectos expostos no Demostrador Tecnolóxico, centrándose especialmente na robótica e a realidade virtual; ademais, o estudantado tivo a oportunidade de probar varias contornas de realidade virtual realizados no centro.

A continuación, as/os participantes acudiron ao CPD (Centro de Procesado de Datos), onde coñeceron o seu funcionamento grazas a Alejandro Mosteiro e Carlos Dafonte, e o percorrido finalizou no novo laboratorio de Realidade Virtual e Localización. O grupo asistiu a unha demostración de localización en interiores para coñecer o funcionamento do Optitrack, un sistema de captura de movemento baseado en cámaras, e tamén probaron os lentes de realidade virtual, participando activamente en escenarios virtuais inmersivos.