CITIC
Realiad virtual

O CITIC recibe a visita de alumnado do IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao

02/02/2023 – CITIC

Esta mañá o CITIC recibiu a visita dun grupo de 13 estudantes de bacharelato e dous profesores do IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao (Lugo).

A sesión comezou no Demostrador Tecnolóxico, onde o responsable da unidade de Sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro, mostroulles os diferentes ámbitos de aplicación das investigacións realizadas no centro, principalmente nos ámbitos de robótica.

Posteriormente, os estudantes puideron coñecer o CPD (Centro de Procesado de Datos) do CITIC e o laboratorio de Realidade Virtual e Localización, neste último realizouse unha demostración de localización en interiores e dun sistema de captura de movemento baseado en cámaras.

A visita finalizou cunha demostración de contornas de realidade virtual destinados á rehabilitación de persoas con discapacidade.