CITIC
20211117_155434

O CITIC recibe a visita de alumnado do Liceo La Paz

18/11/2021 – CITIC

Este mércores 17 de novembro o CITIC recibiu a visita dun grupo de 8 alumnos e alumnas de 1º de bacharelato STEMBach do CPR Plurilingüe Liceo La Paz da Coruña.

En primeiro lugar, o alumnado coñeceu as instalacións do centro e o CPD (Centro de Proceso de Datos) da man do responsable da unidade de sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro. Posteriormente, dirixíronse ao Demostrador Tecnolóxico, onde o subdirector Javier Pereira realizou unha presentación do centro e as súas capacidades, e a investigadora María José Martín ofreceu unha charla sobre os supercomputadores e as liñas de investigación nas que está a traballar actualmente.

Para finalizar, o grupo tivo a oportunidade de coñecer e probar diferentes proxectos expostos no Demostrador Tecnolóxico nos ámbitos da robótica, a xeolocalización, a realidade virtual e a realidade aumentada, grazas ao responsable da unidade de sistemas e o investigador Adrián Xuíz García.