02/03/2023 – CITIC
Hoxe visitou o CITIC un grupo de 22 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato do Colegio Sagrado Corazón, Franciscanas, da Coruña.
O alumnado foi recibido na sala Demostrador Tecnolóxico polo subdirector do CITIC, Javier Pereira, quen realizou unha breve presentación do centro e faloulles das principais liñas de investigación. Posteriormente, realizouse unha demostración de contornas de realidade virtual deseñadas no CITIC.
A continuación, o alumnado visitou o laboratorio de Realidade Virtual. Neste último, o investigador Manuel Lagos realizou unha demostración da plataforma Virtuix Omni Prol que permite desprazarse de forma ilimitada nunha contorna de realidade virtual e emprégase no CITIC para a práctica de habilidades físicas e cognitivas en persoas con discapacidade.
< Volver a Novidades