CITIC

O CITIC recibe unha visita escolar no marco da iniciativa da Unidade de Divulgación Científica da UDC “Atrévete a perscudar con elas!”

13/06/2023 - CITIC

Hoxe os centros de investigación do Campus de Elviña CITIC, CICA e CITEEC recibiron a visita dun grupo de 20 alumnos e alumnas do IES Camilo José Cela de Padrón. A visita aos centros de investigación está enmarcada na iniciativa “Atrévete a pescudar con elas!”, organizada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña.

Na visita ao CITIC o alumnado puido coñecer o Demostrador Tecnolóxico onde se mostraron proxectos de robótica e localización en interiores. Posteriormente, coñeceron o laboratorio de impresión 3D onde se explicou o funcionamento das impresoras de extrusión de plástico, resina e fusión de po.

A visita finalizó en el laboratorio de Realidade Virtual e Localización, no que se lles mostrou no que se lles mostrou o funcionamento do OptiTrack, sistema de captura de movementos baseado en cámaras, e un guindastre de pórtico que calcula o posicionamento exacto de obxectos en interiores.Por último, realizouse una demostración de contornas de realidade virtual destinadas á rehabilitación de persoas co discapacidade.

 “Atrévete a pescudar con elas!” é unha iniciativa na que investigadoras da UDC mostran aos escolares a súa traxectoria científica e vital, logros profesionais e anécdotas coa finalidade de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.