CITIC

O director do CITIC asiste en Santiago ao XV Encontro Médico organizado polo Colexio Oficial de Médicos de A Coruña

21/06/2023 - CITIC

O director do CITIC, Manuel F. González Penedo, asistiu o pasado 17 de xuño na Facultade de Medicina de Santiago ao XV Encontro Médico, organizado polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña e que contou coa presenza do Conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña.

No evento, ao que asistiron máis de 400 persoas, os facultativos máis veteranos recibiron os títulos de Colexiados de Honra e os xubilados no último ano os de Colexiados Honoríficos.

Durante o acto tamén se presentou de modo oficial aos integrantes da nova directiva e entregouse á doutora Rosa Arroio a Medalla de Ouro e Brillantes, a máxima distinción da institución.