CITIC

O director do CITIC é nomeado membro do comité asesor da International AIQT Foundation

13/01/2021 – CITIC

O director do CITIC, Manuel F. González Penedo, foi nomeado membro do Comité Asesor en Intelixencia Artificial da International AIQT Foundation, a plataforma de competencia internacional nos campos da intelixencia artificial e a tecnoloxía cuántica, con sede en Suíza.

A International AIQT Foundation ofrece unha rede internacional única para dar forma ás axendas nacionais e internacionais e promover proxectos. Esta fundación reúne a representantes da ciencia, os negocios, a política e a sociedade civil para promover e apoiar a cooperación interdisciplinaria, o avance da ciencia e os proxectos e o desenvolvemento de solucións aplicadas e baseadas nas necesidades no intercambio entre ciencia, negocios, política e sociedade civil.

O Comité Asesor da fundación, do que forma parte o director do CITIC, está composto por expertos de todo o mundo que asesoran e apoian á organización como organismo especializado no campo da intelixencia artificial e a tecnoloxía cuántica.