CITIC

O Goberno destinará case 400 millóns de euros para proxectos de I+D

06/08/2018

O Consello de Ministros aprobou 393,7 millóns de euros para as dúas principais convocatorias de proxectos de investigación: “I+D Generación de Conocimiento”, dotada con 125,5 millóns, e “I+D+I Retos Investigación”, con 268,2. As convocatorias publicaranse no BOE nas próximas semanas e o prazo de presentación de solicitudes comezará no mes de setembro.

Estas dúas convocatorias son as axudas máis importantes en España para proxectos de I+D, sendo beneficiarios universidades e centros de I+D públicos e privados sen ánimo de lucro. Os proxectos seleccionados terán unha duración de tres a catro anos e contarán coa cofinanciamento do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).

Como novidade, os proxectos de máis de 100.000 euros deberán presentarse en inglés co obxectivo de fomentar a avaliación internacional dos mesmos.

Máis información