O IES de Ortigueira visita o CITIC con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia
11/02/2022 – CITIC
Este venres 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, un grupo de 13 alumnos e alumnas de bacharelato do IES de Ortigueira visitou o CITIC xunto coa súa profesora de Tecnoloxía.
A visita comezou no Demostrador Tecnolóxico cunha presentación do centro e as súas capacidades por parte do subdirector Javier Pereira. Posteriormente, o grupo realizou unha visita guiada polas instalacións do centro, centrada especialmente no CPD (Centro de Proceso de Datos), da man do responsable da unidade de sistemas, Alejandro Mosteiro, que explicou o seu funcionamento.
A continuación, a investigadora Adriana Dapena ofreceu un taller de electromagnetismo, no que os e as estudantes puideron coñecer principios básicos nesta área e a súa aplicación en diferentes ámbitos como o control do tráfico vehicular. Ademais, Dapena incidiu na importancia da interdisciplinariedade no TIC, explicando a combinación de diferentes especialidades e materias para o desenvolvemento da actividade investigadora. Tamén puxo en valor a presenza feminina na ciencia e, en concreto, na informática.
Para finalizar, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer e probar diferentes proxectos expostos no Demostrador Tecnolóxico nos ámbitos da robótica e a realidade virtual, xunto co investigador Adrián Xuíz.
We use cookies on our website to give you the most relevant experience by remembering your preferences and repeat visits. By clicking “Accept All”, you consent to the use of ALL the cookies. However, you may visit "Cookie Settings" to provide a controlled consent.
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.