CITIC
Manuel_Oviedo

O investigador Manuel Oviedo imparte unha conferencia maxistral no II Congreso Internacional de Investigación Aplicada a Ciencia de Datos en Quito

27/01/2022 – CITIC

O investigador do CITIC Manuel Oviedo de la Fuente imparte hoxe a conferencia maxistral “Novas achegas para a análise de datos funcionais complexos” no II Congreso Internacional de Investigación Aplicada a Ciencia de Datos, que ten lugar do 24 ao 28 de xaneiro en Quito (Ecuador) en formato híbrido. Está organizado pola Escola Politécnica Nacional de Ecuador, en colaboración co Colexio de Científicos de Datos de Ecuador, R- Users Group-Ecuador e a Sociedade Ecuatoriana de Estatística (SEE).

O obxectivo do congreso é dar a coñecer os aspectos fundamentais, metodolóxicos e prácticos dos métodos da matemática aplicada utilizados nos diferentes campos da Ciencia de Datos.

O investigador do CITIC desenvolve esta acción no marco dunha estancia de investigación que realiza esta semana na Escola Politécnica Nacional de Ecuador dentro do proxecto de investigación “Aplicación de gráficos de control funcional para facer unha monitoraxe continua de series de temporais, meteorolóxicas e climáticas para a detección de anomalías”.