
O proxecto Erasmus+ EDIGIT avanza con éxito organizando un Focus Group no CITIC
A Coruña, 16 de maio de 2025 – O pasado xoves 15 de maio, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC acolleu un Focus Group no marco do proxecto Erasmus+ EDIGIT, como parte do paquete de traballo nº 2 (WP2). Este conxunto de actividades céntrase en establecer as directrices metodolóxicas e pedagóxicas, así como no índice de contidos de módulos formativos, co obxectivo de promover a inclusión no ensino de STEM.
O obxectivo principal desta sesión foi recoller comentarios e suxerencias sobre a relevancia e utilidade do contido formativo que se desenvolverá no proxecto EDIGIT. A sesión contou coa participación de 15 profesionais, incluíndo profesorado STEM, orientadores, profesionais dos coidados e da atención á discapacidade, docentes de educación especial, docentes universitarios do ámbito da educación e terapia ocupacional, así como representantes do sector TIC.
O esquema do Focus Group desenvolveuse en dous partes principais. A primeira parte incluíu a presentación do proxecto EDIGIT, os seus obxectivos e o propósito do Focus Group, así como os requisitos dos participantes. Os asistentes presentáronse e mencionaron as organizacións que representaban, e expuxéronse as directrices metodolóxicas e pedagóxicas xunto co índice dos módulos de formación temática.
Na segunda parte, os participantes dividíronse en pequenos grupos de máximo 5 persoas, cada un cun moderador para facilitar a discusión. Abordáronse tres seccións temáticas clave: enfoque metodolóxico, estrutura dos módulos temáticos e proposta de índice.
Os comentarios recollidos durante a sesión serán fundamentais para desenvolver un contido formativo relevante e útil no marco do proxecto EDIGIT.