CITIC

O subdirector Javier Pereira imparte un curso de introdución a REDCap

02/03/2021 – CITIC

O subdirector do CITIC, Javier Pereira, impartiu o pasado venres 26 de febreiro un curso online de introdución a REDCap. O curso consta de dúas partes: a primeira, unha sesión síncrona online a través da plataforma Teams; e, a segunda, unha sesión de teleformación asíncrona a través de contidos virtuais que se poderán ir traballando ao ritmo de cada participante ata o próximo 13 de marzo.

REDCap é un software especificamente deseñado para capturar datos electrónicos e fóra de liña para estudos e operacións de investigación. Deste xeito, o curso ofrecido por Javier Pereira proporciona coñecementos para crear e administrar tanto enquisas como bases de datos, sendo unha plataforma con posibilidades para datos de estudos de saúde.

Máis información