CITIC
20230327_121737

'Oportunidades laborais no CERN para pre e pos graduados', temática dunha edición especial dos Almorzos TIC Talk

27/03/2023 – CITIC

Este luns, 27 de marzo, ás 10:00 horas, a sala Cloud do CITIC acolleu unha edición especial dos Almorzos TIC Talk, moderada polo investigador e membro da comisión de formación do CITIC Álvaro Leitao. Nesta ocasión contamos coa participación dun invitado de excepción, trátase de Jesús Fernández Cortés, antigo alumno da escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol que actualmente traballa na cidade suiza de Xenebra no Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), un dos centros de investigación en enxeñería multidisciplinar máis relevantes a nivel internacional e que alberga o maior acelerador de partículas do mundo.

Jesús, na súa charla ‘Oportunidades laborais no CERN para pre e pos graduados’, falou da súa experiencia profesional no CERN e explicou os programas laborais para estudantes, graduados e profesionais que existen actualmente no centro no que traballa.

Tras a charla, tivo lugar un debate no que participaron investigadoras e investigadores do CITIC comentando as súas experiencias académicas e laborais internacionais.