CITIC

Os investigadores Ángel López e Jorge Castiñeiras participan no congreso Joint Statistical Meetings 2023 de Toronto

10/08/2023 - CITIC

Os investigadores Ángel López e Jorge Castiñeiras participaron no encontro Joint Statistical Meetings (JSM), o maior evento de estatística que se celebra en América do Norte. Este ano tivo lugar entre os días 5 e 10 de agosto en Toronto.

O investigador do CITIC Ángel López Oriona presentou o día 7 o seu traballo “Fuzzy clustering of ordinal time series based on a novel distance”, no cal explica a utilización dun algoritmo de clustering aplicado ao ámbito financeiro. A través do algoritmo pódense analizar bases de datos de cualificacións crediticias de diferentes países.

Pola súa banda, o día 8 de agosto o investigador Jorge Castiñeiras expuxo o seu traballo “Cost-sensitive thresholding over a two-dimensional decision space”. Nel discútese o desenvolvemento dun novo algoritmo pensado para optimizar a toma de decisións en relación á análise de custos.