CITIC

P.O. FEDER

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través da resolución do 13 de decembro de 2019 (DOG núm. 7 de 13 de xaneiro de 2020) pola que se conceden as axudas da Orde de 19 de setembro de 2019 (DOG núm. 182, de 25 de setembro de 2019) pola que se establecen as bases reguladora e convoca as axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do SUG, recoñece ao CITIC como “Centro de Investigación de Galicia” para o período 2019-2022 (ED431G 2019/01).

Coa axuda obtida, o CITIC poderá consolidar o coñecemento científico avanzado e excelente das súas áreas de investigación, mellorar a profesionalización, aumentar a capacidade de transferencia tecnolóxica e potenciar a súa internacionalización.

Pódense consultar as accións levadas a cabo coa financiación obtida nas seccións de Novidades e Eventos.

Os procesos de selección financiados con cargo á axuda recibida pódense consultar na sección de Emprego.

PO FEDER Galicia 2014-2020.

Operacións cofinanciadas pola Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co obxectivo temático de “promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”.

Unha maneira de facer Europa.