O vindeiro xoves 11 de novembro presentarase na Domus da Coruña a segunda edición do proxecto Talentos Inclusivos, posto en marcha polo CITIC e ASPACE Coruña co apoio do Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnología (FECYT), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.
O proxecto ten o dobre obxectivo de fomentar as vocacións TIC entre estudantes de secundaria e bacharelato e, á súa vez, dar visibilidade á diversidade funcional. Para iso, creáronse grupos de traballo colaborativos formados por usuarios e usuarias de ASPACE Coruña e estudantes de centros educativos da provincia, apoiados polo seu profesorado e persoal investigador do CITIC. Así, os usuarios e usuarias de ASPACE Coruña propoñen diferentes retos tecnolóxicos para ser solucionados por parte do alumnado.
Na primeira edición participaron 25 usuarios e usuarias de ASPACE Coruña e máis de 150 estudantes de 8 centros educativos coruñeses. Nesta segunda edición, dous novos centros únense á iniciativa para traballar durante todo o curso escolar en solucións tecnolóxicas para persoas con parálise cerebral.
12:00 h – 12:30 h. Apertura do acto:
12:30 h – 13:00 h. Presentación do proxecto:
13:00 h – 13:30 h. Café