CITIC

Presentación do proxecto europeo de innovación educativa AI+ nos Erasmus Days

14/10/2020 – CITIC

O próximo xoves 15 de outubro terá lugar un evento online organizado no marco do proxecto europeo de innovación educativa “AI+ Developing an Artificial Intelligence Curriculum adapted to European High School”, liderado polo investigador da área de Intelixencia Artificial do CITIC Francisco Javier Bellas Bouza. Este proxecto presentará as bases para unha futura materia de Intelixencia Artificial (IA) das escolas de educación secundaria.

O evento está enmarcado nos Erasmus Days, que se celebran do 15 ao 17 de outubro coa finalidade de dar visibilidade ao programa Erasmus e difundir os seus resultados. Este evento está dirixido a profesores de secundaria interesados en introducir conceptos de Intelixencia Artificial nas súas clases. Retransmitirase a través de Facebook Live o xoves 15 de outubro ás 12:00 h e ás 17:00 h.

O proxecto “AI+ Developing an Artificial Intelligence Curriculum adapted to European High School” ten como obxectivo desenvolver un plan de estudos adaptados á educación secundaria en Europa, dirixido a estudantes de entre 15 e 17 anos cunha formación básica previa en robótica e programación.

Máis información