Programa de formación transversal para mozos investigadores
05/10/2018
O fortalecemento dos recursos humanos en I+D+i é un obxectivo importante para a Unión Europea e son varias as iniciativas que a Comunidade Europea promove para a mellorada carreira investigadora, como “The EU principles for innovative doctoral training” ou “The Human Resources Strategy for Researchers (HRS4R)”, selo co que contan as tres universidades galegas.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC), a través do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), presenta esta primeira edición do curso en “habilidades transversais chave”, común a todas as disciplinas, para o fomento da ciencia aberta, a innovación e o espírito empresarial entre os novos investigadores (predoutorais e posdoutorais), coa finalidade de incrementar a súa empregabilidade en calquera ámbito e ser complementario aos coñecementos científicos e tecnolóxicos que adquirirán a través da investigación.
Esperamos e desexamos que esta oferta sexa útil e valiosa para os participantes e que cumpra a función para a que foi deseñada.
Destinado a:
A formación está dirixida a mozos investigadores (pre ou posdoutorais) dos centros singulares de investigación e agrupacións estratéxicas consolidadas de Galicia (CITIC, CIQUS, CIMUS, ECIMAT, CINBIO, CITIUS e ATLANTTIC), e dos centro de investigación da Universidade da Coruña (CICA, CIT e CITEEC).
Modalidade:
O curso terá unha parte en liña (8 horas), a través da plataforma Moodle da UDC (https://moodle.udc.es) e unha parte presencial (4 horas) no CITIC.
Prazas:
50 prazas, asegurando un mínimo de 30 prazas para a UDC. A admisión farase por estrita orde de inscrición do 10 ao 17 de outubro na páxina web do CUFIE; o persoal do CITIC encargarase de supervisar o reparto das prazas.
Lugar:
Parte presencial: terá lugar o día 5 de novembro de 10:00 h a 14:00 h no Edificio CITIC da UDC. A asistencia é obrigatoria.
Módulos formativos:
Todos os módulos terán unha parte online e unha parte presencial o día 5 de novembro.
MÓDULO 1:
Protección de Resultados de Investigación (parte en liña impartida por María Isabel Docampo da OTRI da UDC, e presencial por Rosario Echeverría de Clarke&Modet).
Contidos: en que consiste a propiedade industrial, modalidade de protección e características, propiedade intelectual e dereitos de autor, requisistos de patentabilidade das invencións, protección das invencións no estranxeiro, publicar vs patentar, as patentes universitarias.
MÓDULO 2:
Difusión e visibilidade dos resultados de investigación (parte en liña impartida por Carlota Balsa, Marta Lago, Mercedes Corrales, Marcos Yáñez e Isaac Darriba do Servizo de Biblioteca Universitaria da UDC, e presencial por Isabel Iribarren da Universidade de Navarra.
Contidos: criterios das axencias de acreditación e avaliación, onde publicar, elementos relevantes para aumentar a difusión dos traballos, recomendacións aos investigadores no ámbito dos dereitos de autor, a identidade dixital, normalización da sinatura, a filiación institucional, os identificadores e perfís dixitais, as redes científicas.
MÓDULO 3:
A carreira investigadora en Galicia (parte en liña impartida por Faustino Infante Roura da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia e parte presencial por María Giménez López, ERC Starting Grant da Universidade de Santiago de Compostela – USC).
Contidos: esquemas no contexto nacional e autonómico, etapas da carreira investigadora, mirando a Europa: o caso especial dos ERCs, o selo HRS4R.