CITIC
Desayunos TIC Talk

Programación matemática e realidade virtual para persoas maiores e con diversidade funcional, temas centrais da última sesión do ano dos Almorzos TIC Talk

29/11/2022 – CITIC

Este martes 29 de novembro o CITIC acolleu a sétima e última sesión do ano dos Almorzos TIC Talk. Os protagonistas do encontro, que ten a finalidade de achegar o traballo realizado no centro nun ambiente distendido, foron Christian Álvarez Peláez e Manuel Lagos Rodríguez.

En primeiro lugar, Christian Álvarez Peláez presentou a súa investigación “Aplicación de programación matemática á optimización dun proceso industrial”, centrándose nun caso de estudo nunha planta de regasificación na que se optimizaron as súas operacións para o aumento da produtividade.

A continuación, Manuel Lagos Rodríguez expuxo a súa temática de tese “Realidade virtual aplicada á promoción do envellecemento activo e á rehabilitación de persoas con diversidade funcional”, explicando as vantaxes de utilizar espazos para este fin, xa que son máis seguros, personalizables e económicos. Para finalizar, os/as participantes acudiron ao Demostrador Tecnolóxico para probar o catro escenarios de realidade virtual desenvolvidos polo investigador, empregando o sistema óptico de rastrexo de mans leap motion, que permite interactuar co contido dixital sen necesidade de mandos.