CITIC

Representantes do sindicato UGT Coruña visitan o CITIC

21/11/2018

Representantes do sindicato UGT Coruña realizaron esta mañá unha visita ao Centro de Investigación en TIC da UDC coa finalidade de coñecer o funcionamento e as accións de investigación e transferencia realizadas no centro.

A visita estivo guiada polo reitor da UDC, Julio Abalde, e o director do CITIC, Manuel F. González Penedo.

Os representantes sindicais amosaron o seu interese polas empresas aloxadas no centro e o seu potencial para xerar emprego no sector TIC galego.