CITIC

Ricardo Cao imparte unha conferencia plenaria no III Encontro Luso-Galaico de Biometría

28/06/2018

O investigador da área de ciencia de datos e información, Ricardo Cao, impartirá a conferencia plenaria “Nonparametric inference and covariate significance tests in mixture cure models” no III Encontro Luso-Galaico de Biometría, que ten lugar en Aveiro (Portugal) entre o 28 e o 30 de xuño.

O encontro está organizado pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e Investigación de Operacións (SGAPEIO). Está dirixido a profesionais e usuarios da estatística, académicos, investigadores e estudantes.

O obxectivo do encontro é difundir os últimos avances no desenvolvemento e aplicación de métodos estatísticos e matemáticos en ámbitos como a bioloxía, a medicina e a psicoloxía, entre outros; ampliar o radio de acción das sociedades involucradas a novos sectores do amplo campo da biometría e promover o intercambio e intensificar as relacións dentro de cada comunidade e entre as dúas comunidades estatísticas.