CITIC
Retos.de.la.estadistica_Página_1

Ricardo Cao ofrece un relatorio nun seminario sobre estatística da UIMP

08/07/2021 – CITIC

O investigador do CITIC Ricardo Cao ofrecerá un relatorio no seminario “Retos da estatística nunha sociedade altamente datificada”, organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) en colaboración co Instituto Nacional de Estatística (INE). O curso desenvólvese do 7 ao 9 de xullo.

O curso ten como obxectivo expor os retos e oportunidades asociados ao uso do Big Data no ámbito da estatística, coñecer a metodoloxía e ferramentas estatísticas necesarias para a integración do Big Data no proceso de produción das estatísticas oficiais, presentar casos concretos do uso de Big Data para a elaboración de estatísticas, a nivel nacional e internacional e Debater sobre o papel da estatística oficial neste contexto.

Ricardo Cao ofrecerá o relatorio “Nonparametric inference for big-but-biased data”, que terá lugar o venres 9 de xullo de 12:30 a 13:30 h.

Más información