CITIC

Ricardo Cao e Verónica Bolón participan no 4th Bilbao Data Science Workshop

13/11/2019

Os investigadores do CITIC Ricardo Cao e Verónica Bolón participaron o pasado xoves 7 e venres 8 de novembro no 4th Bilbao Data Science Workshop (BiDAS 4), como conferenciantes invitados.

BiDAS 4 está enfocado a atraer investigadores dunha variedade de campos que involucran a Ciencia de Datos e a Intelixencia Artificial. O taller contou con diferentes oradores que exploraron a natureza da relación entre Estatística, Informática e Matemáticas para desenvolver sinerxias entre os campos. O obxectivo principal deste taller é crear unha conversación científica entre estes campos de investigación.