CITIC
20230315_104558

Richard Duro participa en Dinamarca no Foro Europeo de Robótica 2023

03/04/2023 – CITIC

O pasado mes de marzo celebrouse na cidade danesa de Odense o Foro Europeo de Robótica 2023 (ERF 2023), a reunión máis influente da comunidade robótica en Europa. O foro contou coa participación dos principais axentes crave do sector quen, durante catro días (do 14 ao 16 de marzo), debateron sobre o impulso tecnolóxico e a innovación en robótica, así como a IA relacionada con esta disciplina. 

O CITIC estivo representado polo investigador Richard Duro, quen aproveitou a ocasión para promocionar o proxecto PILLAR Robots xunto con membros de PAL Robotics, empresa integrante do consorcio internacional que desenvolve o proxecto e que está liderado polo CITIC. O proxecto busca desenvolver unha nova xeración de robots dotados dun maior nivel de autonomía e independencia durante a súa aprendizaxe. 

Richard Duro, durante a súa estancia en Odense, tamén participou na Asemblea Xeral de Eurobotics, asociación internacional con sede en Bruxelas que ten o obxectivo de impulsar a I+D+i en robótica en Europa e da que o CITIC é membro desde 2021.

Asamblea Xeral de Eurobotics