CITIC

Rubén Pérez e Martiño Rivera presentan resultados na 8ª edición das Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade

 

24/06/2023 - CITIC

Do 21 ao 23 de Xuño celebráronse en Vigo as “VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad” (JNIC), organizadas polo INCIBE en colaboración con atlanTTic e Gradiant, e patrocinadas polo CITIC. Nestas xornadas presentaron resultados  os investigadores do CITIC pertencentes ó grupo RNASA-IMEDIR: Rubén Pérez Jove e Martiño Rivera Dourado, baixo a dirección de Jose Vázquez Naya e Alejandro Pazos.

Rubén Pérez Jove presentou o traballo “Operating System Fingerprinting Tool Based on Classical Machine Learning Algorithms”, no cal aplicou Intelixencia Artificial (IA) ao fingerprinting de sistemas operativos. Esta técnica permite a identificación da familia e versión do sistema operativo dun dispositivo a partir do tráfico de rede, unha tarefa fundamental no campo da ciberseguridade.

Martiño Rivera Dourado mostrou a investigación titulada “Adapting a Captive Portal for Phishing-Resistant Network Authentication Using Security Key”, onde se explicou un traballo de integración das chaves de seguridade FIDO, resistentes a ataques de phishing, como método de autenticación en rede.