Rubén Pérez e Martiño Rivera presentan resultados na 8ª edición das Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade
Do 21 ao 23 de Xuño celebráronse en Vigo as “VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad” (JNIC), organizadas polo INCIBE en colaboración con atlanTTic e Gradiant, e patrocinadas polo CITIC. Nestas xornadas presentaron resultados os investigadores do CITIC pertencentes ó grupo RNASA-IMEDIR: Rubén Pérez Jove e Martiño Rivera Dourado, baixo a dirección de Jose Vázquez Naya e Alejandro Pazos.
Rubén Pérez Jove presentou o traballo “Operating System Fingerprinting Tool Based on Classical Machine Learning Algorithms”, no cal aplicou Intelixencia Artificial (IA) ao fingerprinting de sistemas operativos. Esta técnica permite a identificación da familia e versión do sistema operativo dun dispositivo a partir do tráfico de rede, unha tarefa fundamental no campo da ciberseguridade.
Martiño Rivera Dourado mostrou a investigación titulada “Adapting a Captive Portal for Phishing-Resistant Network Authentication Using Security Key”, onde se explicou un traballo de integración das chaves de seguridade FIDO, resistentes a ataques de phishing, como método de autenticación en rede.