25/11/2020 – CITIC
O vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC e presidente do Comité de Dirección do CITIC, Salvador Naya, participará o vindeiro xoves 26 de novembro de forma telemática no Ciclo de conferencias: matemática e as súas aplicacións 2020, organizado pola Escola Politécnica Nacional de Ecuador. Nel falará sobre as experiencias e iniciativas postas en marcha desde a Universidade da Coruña na loita contra o COVID-19.
En concreto, Salvador Naya presentará dous proxectos nos que está implicado o CITIC. Un deles é o proxecto “Cooperative Forecasting (ForeCoop)”, que permite monitorizar a evolución da pandemia e proporciona predicións baseadas en diferentes modelos. O segundo é a iniciativa “Ciencia e Enxeñaría de Datos para a avaliación, predición poboacional e personalizada da evolución da enfermidade COVID-19”, liderado polo investigador Ricardo Cao e que conta co financiamento da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
O evento pódese seguir en directo en Zoom e Facebook.