CITIC

Ábrese a convocatoria de Retos-Colaboración 2019

01/10/2019

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades acaba de facer pública a convocatoria Retos-Colaboración 2019, que ten como obxectivo o apoio a proxectos de desenvolvemento experimental en cooperación entre empresas e organismos de investigación, co fin de promover o desenvolvemento de novas tecnoloxías, a aplicación empresarial de novas ideas e técnicas, e contribuír á creación de novos produtos e servizos.

Retos-Colaboración está dotada con 260 millóns de euros, dos que 70 millóns son subvención e 190 créditos. Esta convocatoria está destinada a financiar a creación de consocios público-privados entre empresas, universidades públicas e privadas, Organismos Públicos de Investigación, centros tecnolóxicos, centros públicos e privados de I+D e asociacións empresariais.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 24 de outubro.

Más información