CITIC
charla Muncyt web

Susana Ladra imparte unha charla sobre intelixencia artificial no MUNCYT de A Coruña

15/03/2022 – CITIC

O 12 de marzo o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT), na súa sede da Coruña, uníase á celebración do Día Internacional das Matemáticas ofrecendo unha programación especial orientada a todo tipo de público.

Da man de Susana Ladra, investigadora do CITIC e directora do Campus Innova da UDC, tiña lugar a charla-taller “¿Has oído hablar de inteligencia artificial?” Nela, de maneira práctica e amena, explicábase qué é a intelixencia artificial e demostrábase a súa presenza na vida cotiá, así como outras utilidades desta para a sociedade.