CITIC
Miraflores_Susana Ladra_1

Susana Ladra imparte unha charla a alumnos do IES Miraflores de Oleiros de STEMbach

27/10/2021 – CITIC

A directora do Campus Innova e investigadora do CITIC Susana Ladra impartiu o pasado martes 26 de outubro unha charla a alumnos do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMbach, do IES Miraflores de Oleiros. Susana Ladra achegou aos estudantes a súa experiencia como investigadora e docente no ámbito das TIC e as liñas de investigación nas que traballa actualmente.

Esta foi a primeira das charlas deste curso escolar impartidas por persoal investigador do CITIC no centro educativo. Nas próximas semanas será a quenda dos investigadores do centro José Antonio Iglesias Guitián e Ainhoa Molinero.

O programa STEMbach, Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, foi creado ao amparo da Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020, e ten o obxectivo de promover a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación ao ensino universitario.