CITIC

Susana Ladra, relatora no evento europeo RISE 2018 - Coordinators' Day

18/01/2019

A directora do Campus Innova da UDC e investigadora do CITIC, Susana Ladra, foi invitada por a Comisión Europea a participar no evento H2020-MSCA-RISE-2018 Coordinators’ Day. En concreto, interveu nunha mesa redonda sobre boas prácticas en accións de divulgación e comunicación dos resultados dos proxectos H2020 na que se mostrou como caso de éxito o proxecto BIRDS, do que Ladra é coordinadora.

Susana Ladra, a través do proxecto BIRDS que coordina, non deixa de acadar logros. Cabe recordar que o pasado mes de outubro recibiu de mans da Presidencia Austríaca do Consello da UE o premio Marie Sklowska-Curie Actions 2018 na categoría “Briding (carrer) paths” que valoraba as habilidades emprendedoras e o vínculo intersectorial dos proxectos H2020. Para optar ao premio era necesario presentar un vídeo sobre o proxecto. Esta publirreportaxe foi realizado pola Unidade de Medios Audiovisuais da UDC en colaboración co CITIC.

O proxecto BIRDS, Bioinformatics and Information Retrieval Data Structures Analysis and Design está financiado pola acción Marie Sklodowska-Curie (RISE) de intercambio de persoal de investigación e innovación pertencente ao programa de financiamento de I+D da UE Horizonte 2020 (proxecto con referencia 690941). BIRDS xorde da necesidade de mellorar o procesamento de grandes volúmenes de datos existentes en diferentes campos de aplicación como a bioinformática e a recuperación de información. No proxecto, ademais da UDC, participan universidades de Finlandia, Xapón, Australia, Chile e Portugal.