21/10/2020 – CITIC
A investigadora do CITIC Thais Pousada participou no congreso anual Rehabilitation Engineering and Assistive Technology Society of North America (RESNA), que se celebrou de forma totalmente online os días 23 e 24 de setembro. Nel déronse cita multitude de profesionais de diferentes disciplinas e usuarios relacionados co ámbito da tecnoloxía de apoio dirixida a persoas con diversidade funcional.
Este encontro internacional é un punto de referencia para compartir as novidades na evidencia científica e novos desenvolvementos de innovación tecnolóxica neste campo.
Thais Pousada presentou, xunto a compañeiros da Universidade de Salamanca e da Universidade de Oviedo, o background sobre a aplicación das ferramentas de medida de resultados en produtos de apoio en España (“Outcome or Impact? When the difficult to measure results appears: the experience of Spain”). Neste traballo tamén participaron as investigadoras do CITIC Laura Neto Riveiro e Betania Groba. Esta contribución formou parte dun simposio específico, xestionado pola Global Alliance of Assistive Tecnology Outcomes (GAATO).
A contribución pódese consultar online e proximamente publicarase na revista presentada polo evento.