CITIC
Thais Pousada en la Conferencia de Terapeutas Ocupacionales

Thais Pousada participa no Congreso da Federación Mundial de Terapeutas Ocupacionais en París

09/09/2022 – CITIC

A investigadora Thais Pousada participou recentemente no Congreso da Federación Mundial de Terapeutas Ocupacionais (WFOT), un evento de gran relevancia que reúne á comunidade internacional de terapeutas ocupacionais. Este ano celebrouse entre os días 28 e 31 de agosto en París.

Na reunión presentouse a comunicación oral «The approach of sexuality with persons with Acquired Brain Injury in chronic stage: opportunities through the Occupational Therapy», un traballo de fin de máster desenvolvido por Nuria Rico en colaboración coa Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO). Na investigación destácase a importancia da sexualidade despois de superar un ictus, e a necesidade da abordaxe profesional por parte dos terapeutas ocupacionais no tratamento rehabilitador.

Tamén se mostrou o póster «MATCH: When Occupational Therapy meets with robotics and artificial intelligence», a través do cal se comunicaron os resultados preliminares do proxecto «AIR4DP: Artificial Intelligence and Robotic Assistive Technology devices for Disabled People», financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (ref. PID2019-104323RB).