CITIC
Viviendas domoticas

Thais Pousada participa no Congreso Internacional Duchenne

20/05/2022 – CITIC

A investigadora do CITIC Thais Pousada participou no Congreso Internacional Duchenne, celebrado en Madrid do 13 ao 15 de maio co fin de analizar as diferentes estratexias terapéuticas, desafíos e prioridades clave para mellorar a calidade de vida de persoas con Distrofia Muscular de Duchenne e Becker. Duchenne Parent Project España organiza este congreso para facilitar ás familias e os afectados que poidan acceder ao intercambio de información e experiencias a fin de favorecer o apoio mutuo e aprender sobre os diferentes aspectos da Distrofia Muscular de Duchenne e Becker.

Thais Pousada impartiu unha charla e demostración con dispositivos domóticos para facilitar o uso da vivenda intelixente e promover a independencia destas persoas no seu fogar. Por outra banda, tamén realizou unha abordaxe coas familias sobre como falar de aspectos de saúde sexual cos seus fillos, tratando temas relacionados coa sexualidade para romper mitos e tabús.

Esta participación reforza a colaboración entre o CITIC e Duchenne Parent Project España, que xa se atopan traballando nun proxecto conxunto na súa liña de «innovación tecnolóxica».