CITIC
Thais Pousada_estancia Leiría

Thais Pousada realiza unha estancia no Politécnico de Leiría para colaborar na inclusión de persoas con diversidade funcional a través das TIC

20/04/2022 – CITIC

A investigadora do CITIC Thais Pousada atópase realizando unha estancia de investigación no Centro de Recursos para a Inclusão Dixital (CRID) do Politécnico de Leiría, baixo o programa de Recualificación do Profesorado Universitario da Universidade da Coruña.

A estancia terá unha duración dun ano, no que se espera iniciar un traballo colaborativo entre ambas as institucións no ámbito da inclusión e accesibilidade cara as persoas con diversidade funcional a través do uso das TIC, o cal permitirá o desenvolvemento de recursos fundamentais para garantir os obxectivos desta colaboración.

Ademais, traballarase conxuntamente na creación do primeiro programa universitario para persoas con discapacidade intelectual da rexión, apoiándose na experiencia do programa Espazo Compartido da UDC, do que Thais Pousada é a coordinadora.